Nadal 2020
Convidamos a todas as veciñas e veciños a participar dun Nadal diferente, especial, adaptado á realidade que estamos a vivir dende hai meses. A pandemia fixo que todas e todos apreciaramos moito máis os pequenos detalles e por iso este nadal queremos que Xinzo estea cheo diso, de pequenos detalles: cos nosos comerciantes, cos veciños e veciñas e, sobre todo, cos nenos e nenas, os verdadeiros protagonistas destas datas de maxia e ilusión.
Desexamos que pasedes moi boas festas en compañía das vosas familias, sempre respectando as limitacións de seguridade impostas, e lembraremos con especial agarimo a todos os que xa non poderán compartir con nós estas datas.
Nesta páxina poderanse consultar todas as actividades programadas para este ano polo Concello de Xinzo e irase actualizando para informar do desenvolvemento das mesmas e de calquera outra novidade.
Cantigas de Reis
Cantámosche os reises do quiquiriquí; se non nos dás nada non marchamos de eiquí. Cantámosche os reises, Hoxe é o día dos Reises, Non piden ouro nin prata, Cinco mil habían pedido, |
Díanos o aguinaldo anque seña pouco, un touciño enteiro e a mitá doutro. Dicen que canto mal, Se queres que che cante Polo de hoxe non canto máis |
O CIX da Limia e o CDR O Viso convídannos a cantar os Reis os días 4 e 5 de xaneiro na Praza de Carlos Casares.
Para anotarse hai que chamar ao 988461571, traer un instrumento ou axóuxere e os/as maiores de 6 anos non esquezades a máscara!!
Klaus
Auto-cinema de Nadal organizado por ProLimia para empezar o ano novo. 1 de xaneiro, ás 19:00h na explanada a carón dos institutos.
Klaus é un filme de animación, escrito e dirixido por Sergio Pablos no seu debut como director. O argumento está centrado nunha visión alternativa da lenda de Papá Noel a través das experiencias de Jesper, un carteiro destinado en contra da súa vontade a unha illa do círculo polar, quen se fai amigo dun misterioso carpinteiro chamado Klaus.
Jesper é carteiro. Como era o pior estudante da academia postal, destínano a un xélido lugar máis aló do Círculo Polar Ártico. Os seus habitantes nunca envían cartas, de modo que Jesper está a punto de rendirse, ata que atopa a Klaus. Un fabricante de brinquedos que vive illado nunha cabana chea de xoguetes feitos a man. Ámbolos dous faranse amigos mentres deciden traer de volta a ledicia ao lugar, porque un verdadeiro acto de xenerosidade sempre xenera outro.
Foi estreada en cinemas o 8 de novembro de 2019.
Klaus gañou sete premios Annie, entre eles o de mellor película animada, e estivo nominada ao Óscar á mellor película de animación de 2019.
Nadal Virtual
Para que os nenos e nenas vexan aos Reis Magos, Papá Noel e ao Apalpador, este ano será máis fácil que nunca, só terás que seguir estes sinxelos pasos.
Entrando na web www.nadal2020.es atoparás un apartado para o «Rexistro». Primeiro deberás escoller o concello de Xinzo e, a partir de aí, seguir os pasos necesarios para inscribir ao neno ou nena. Lembra que debes dispoñer dun teléfono móbil con WhatsApp* e non te esquezas de comentar algo que consideres importante para que Papá Noel, o Apalpador ou os Reis Magos o teñan en conta ao falar co teu pequeno ou pequena.
En Xinzo poderás escoller quen queres que te chame: Papá Noel, o Apalpador ou os Reis Magos. Se queres, poderás rexistrarte en dúas datas distintas, unha para Papá Noel / Apalpador e outra para os Reis.
Despois do rexistro persoal e de marcar a data e a hora lembra que terás que ter dispoñible o teléfono móbil que rexistraches o día e á hora marcada. Se por calquera motivo non fose posible contactar contigo nese momento , tentarano de novo ao finalizar a xornada. É posible que os Reis, o Apalpador ou Papá Noel sufran algún leve atraso, non te preocupes, iso é porque sodes moitos e encántalles falar.
Se precisas información adicional podes chamar ao teléfono 641 585 245 e resolveremos as túas dúbidas.
Moi importante!! para anotarte para Papá Noel ou o Apalpador debes completar a inscrición antes do 17 de decembro, e para os Reis Magos antes do 29 de decembro. Bule!! Que non cho conten!!
* Se non tés dispoñible un teléfono con WhatsApp non te preocupes, temos unha alternativa para que o teu neno ou nena poida falar tamén con calquera das personaxes máxicas do Nadal. Ponte en contacto con nós dende a sección de «Contacto» e chamarémoste canto antes, ou chámanos ti directamente ao teléfono de información 641 585 245.
Se o neno ou nena ten algún tipo de discapacidade auditiva tamén pode participar!! A plataforma Nadal 2020 conta con persoal cualificado e está adaptada e coa posibilidade de que todas as nenas e nenos poidan comunicarse cos seus heroes do Nadal.
O Baúl da Tía Tola “Lixo”
“Lixo” está creado a partir de material plástico reciclado como bolsas de lixo, cubertas e esqueletos de tendas de campaña… co que facer escenografías para o xogo a partir de obxectos que poderían ser simples desperdicios.
.
Mergullarémonos nun mundo de plásticos, luces, sonoridade e movemento.
.
As dúas protagonistas, unhas bailadeiras moi peculiares, vivirán unha aventura na que teñen que “crear cultura a partir da varredura”.
.
Comunícanse con pareados, móvense con pasos de ballet inventados por elas mesmas e axúdanse das luces para crear diferentes atmosferas ó longo do espectáculo, dando así ritmo e rima á obra.
O sábado, 26 de decembro, ás 17:30h, no Auditorio da Casa da Cultura, poderemos asistir á representación desta obra a cargo do Baúl da Tía Tola, dirixida por Alfredo Rodríguez e interpretada por Soraya Paradela e Anna Cañadillas.
Aforo limitado e inscrición previa obrigatoria enviando os datos personais (nome e apelidos) ao email: cultura@xinzo.gal ou ao WhatsApp: 604078053.
Mercar no teu pobo ten premio!!
Este ano máis que nunca, logo de meses de peche e restricións, o noso comercio, o comercio local de Xinzo, precisa axuda.
Dende o Concello, en colaboración coa Asociación Prolimia, deseñamos unha campaña de sorteos con importantes premios para animar a todos os veciños e veciñas da comarca a que realicen as súas compras na nosa vila.
A campaña articularase en tres semanas ao longo do mes de decembro. Ao final de cada semana realizarase o sorteo correspondente á mesma:
- SEMANA AZUL: do 7 ao 13 decembro
- SEMANA VERDE: do 14 ao 20 decembro
- SEMANA AMARELA: do 21 ao 27 de decembro
Cada semana sortearanse 3.300€ en premios, distribuídos do seguinte xeito:
- UN (1) PREMIO por importe de 1.000€
- CATRO (4) PREMIOS por importe de 500€
- UN (1) PREMIO por importe de 300€
Estes premios materializaranse en forma de VALES DE COMPRA para ser gastados nos establecementos adheridos.
Esta campaña está aberta a todos os comercios, bares, cafeterías e locais de negocio que desenvolven a súa actividade no Concello de Xinzo de Limia e para poder participar deberán inscribirse previamente e aceptar todos os compromisos relacionados coa organización e desenvolvemento da mesma.
Para saber máis desta campaña visita esta páxina.
Nadal infantil
A Agrupación Musical da Limia, xunto con ProLimia e coa colaboración do Concello, organiza un Nadal infantil para animar as rúas da vila nas tardes do mes de decembro, empezando na Praza Maior a partir das 16:30h.
Cada día visitaranos unha das personaxes favoritas dos nenos e nenas:
- Sábado, 12: Mickey Mouse
- Sábado, 19: Gooffy
- Mércores, 23: Pai Noel
- Xoves, 24 (pola mañá): O noso Apalpador
- Mércores, 30: Minnie Mouse
Lembrade vir con máscara, gardar as distancias de seguridade e respectar todas as indicacións da organización para que Covid19 non teña oportunidade de facer das súas. 😉
Exposición conmemorativa do centenario da Revista NÓS 1920/2020
Da man do xornal La Región chega, do 1 ao 13 de decembro á Praza Maior de Xinzo, a exposición conmemorativa do centenario da Revista Nós, que naceu en Ourense en 1920.
Trátase dunha exposición itinerante que estivo a percorrer este ano diversos concellos da provincia e que agora chega á nosa vila.
A inauguración será o martes, ás 12:00h, no Salón de Plenos da Casa do Concello e asistirá a comisaria da exposición, a escritora e periodista ourensá Maribel Outeiriño.
Exposición "Sorrisos polo mundo. O humor en Carlos Casares"
Do 1 ao 19 de decembro na Casa da Cultura poderá visitarse esta exposición monográfica da Fundación Carlos Casares sobre unha das facetas menos espalladas e coñecidas do coñecido escritor de adopción limiá.
Mediante unha serie de rollups poderase facer un percorrido para seguir afondando na vida e na personalidade de Carlos Casares.
Poderá visitarse no horario de apertura normal da Casa da Cultura, de 9:00 a 21:00h.
Concerto de Nadal da ESMULI
O 24 de decembro, ás 23:30h, os alumnos e alumnas da Escola de Música ofrecerán un concerto en streaming ao que poderemos acceder a través das súas redes sociais.
Concerto de Aninovo
Novamente o 1 de xaneiro, ás 00:45h, poderemos escoitar ás alumnas e alumnos da ESMULI, acompañados para a ocasión pola Coral Santa Mariña, nun concerto online para arrancar o ano 2021.
Xogoteca de Nadal
Do 28 ao 30 de decembro a ESMULI organiza para os nenos e nenas, en grupos reducidos, unha xogoteca orientada ao contacto inicial co mundo da música.
Axenda diaria...
Xa está acendido o alumado de Nadal!!
A partir de hoxe xa está acendido o alumado de Nadal que nos acompañará durante as vindeiras semanas. Este é o primeiro chanzo, pero aínda quedan máis sorpresas por descubrir. Teremos que deixar pasar o temporal de choiva e neve que nos visitará a partir de mañá, despois estade atentos e atentas!! 😉
Listado definitivo de comercios participantes na campaña de Nadal
Rematado o prazo publicamos a listaxe definitiva dos 118 comercios que van participar na campaña de Nadal e que, ao longo das vindeiras semanas, repartiran as rifas entre os seus clientes.
Estes tamén son os establecementos nos que os agraciados cos premios poderán canxear os seus vales.
Sorte para todas e todos!!
Presentada a programación de Nadal
O Nadal será distinto este ano en Xinzo, pero non so pola pandemia e as limitacións ás que obriga, senón tamén pola ambientación e decoración das rúas e espazos públicos da vila, que lucirán como nunca, así como pola campaña para incentivar as compras locais.
O Concello de Xinzo afronta este próximo Nadal con dous obxectivos: por un lado, o principal, preservar a saúde todos os veciños e veciñas despois dunhas semanas difíciles de restricións máximas; por outro, mitigar o negativo impacto económico da crise sanitaria nos negocios do municipio.
Para elo deseñou unha serie de accións que foron presentadas hoxe pola alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, e os concelleiros das diferentes áreas implicadas: Ramiro Rodríguez, Manuel Pérez, Rafa Penaba e Ramón Gómez. Á presentación tamén asistiron representantes de Prolimia, a asociación de comerciantes, e da recentemente creada Asociación de Hostaleiros, que amosaron así o seu apoio as iniciativas municipais.
Hoxe mesmo se producirá o acendido da alumeado, que constará de máis elementos que nunca, arredor de 120, entre arcos, cortinas de micro-lámpadas e árbores, repartidos por a vila, así como por todos os pobos do rural. Pero a maior novidade deste ano chega da man da decoración estática a pé de rúa, repartida tamén por toda a vila e froito da colaboración entre as concellerías que dirixen Rafa Penabad e Ramón Gómez. En total serán 56 casas navideñas, 8 bonecos de neve, 6 trineos, 24 renos, 2 locomotoras, 26 bolas de Nadal, 6 construcións murais sobre madeira e un cento de caramelos de Nadal. Preto de 230 elementos que unidos aos da iluminación tinguirán Xinzo dun ambiente navideño como nunca tivo, cun único obxectivo: dinamizar un Nadal atípico para que a economía do pobo se resinta o menos posible e mesmo o comercio e a hostalería recuperen parte do quebranto producido polos peches e limitacións dos últimos meses.
Por iso que, dentro desta estratexia de dinamización, uno dos pratos fortes da programación de Nadal impulsada polo Concello é a campaña que pretende estimular as compras en Xinzo, á que se adheriron 120 establecementos, entre comercios e hostalería. “Os comercios e negocios de Xinzo necesitan hoxe, máis que nunca, que as nosas compras as fagamos no pobo, porque teñen de todo, e si algo non teñen seguro que podemos esperar para que o pidan”, explicou Elvira Lama na presentación da programación de Nadal ante os representantes da hostalería e o comercio local.
Lama Fernández fixo un chamamento a mercar en Xinzo: “Amazon ou incluso Inditex e outros xigantes nin crean riqueza no Concello, nin dan traballo aquí, nin pagan impostos en Xinzo. Nesta crise podemos e debemos axudar aos nosos comercios, a nosa hostaleira, que leva un mes pechada, e as empresas de aquí que abren as súas portas cada día con gran esforzo”.
Esta campaña comeza o luns da próxima semana. E a partir de entón, entre os clientes dos establecementos adheridos sortearanse cada semana 3.300 euros, o que segundo Manuel Pérez, concelleiro de Promoción Económica, son os premios de maior contía da historia da vila nunha campaña deste tipo. Os gañadores deberán reinvestir os premios nos locais que se sumaron á campaña.
Pola situación sanitaria, e sobre todo pola necesidade de preservar a saúde dos veciños e veciñas, o concello decidiu suspender todas as actividades habituais do Nadal en Xinzo, como a cabalgata ou os concertos, que serán substituídos, segundo explicou o concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez, por unha alternativa virtual que consistirá en facilitarlle a todos os nenos e nenas da vila un contacto directo por vídeo-chamada coa personaxe que elixan: Apalpador, Papa Noel ou Reis Magos. O único requisito é dispor dun teléfono móbil con whatsapp (que incluso llo facilitará o Concello a quen non o teña) e inscribirse antes do 17 de decembro para recibir a chamada do Apalpador ou Papa Noel e antes do 29 de decembro para que sexan os Reis Magos quen chamen.
Publicado o listado provisional de comercios adheridos á Campaña de sorteos de Nadal
Rematado o prazo, publícase o listado PROVISIONAL de comercios, empresas e negocios adheridos á Campaña de Nadal. Segundo as bases agora ábrese un prazo de 2 días (ata o 3 de decembro) para corrixir posibeis erros. A partir de aí todos os comercios participantes recibirán a cartelería da campaña e as rifas para repartir semanalmente entre os seus clientes.
Actualización das 18:00h: Algúns dos correos con solicitudes entraron por spam e perdéranse no listado inicial. Agora xa están incorporados todos. Desculpas polas molestias.
Pódese consultar o listado aquí.
Aberta a web para anotarse no Nadal Virtual
Dende hoxe mesmo está operativa a web do Nadal Virtual www.nadal2020.es e abertos os prazos para inscribir aos nenos e nenas para que no día e hora escollido poidan falar con Papá Noel, o Apalpador ou os Reis Magos.
Só fai falla un móbil con WhatsApp, pero se non dispós del non te preocupes, entra na páxina e deixa os teus datos na sección de Contacto para que te chamen e che expliquen un método alternativo para que o teu neno ou nena poida falar coa personaxe de Nadal que prefira.
Bule!! Que non cho conten!! 😉
Aberto o prazo de inscrición na Campaña de Nadal
Xa está aberto o prazo de inscrición para todos os comercios, bares, cafeterías e locais de negocio que desenvolven a súa actividade no Concello de Xinzo de Limia para participar na campaña de Nadal. A inscrición previa é obrigatoria, así como a aceptación de todos os compromisos relacionados co desenvolvemento da mesma.
Para anotarse hai que rechear o impreso modelo recollido no Anexo I das Bases, que poderá ser entregado ou enviado por calquera dos seguintes medios:
- Presencialmente no Rexistro do Concello (con cita previa 988550111)
- Telematicamente na sede electrónica: xinzodelimia.sedelectronica.gal
- Por correo electrónico ao enderezo: nadal2020@xinzo.gal
- Na sede da Asociación “Prolimia”
O prazo límite de recepción das solicitudes de participación dos comerciantes interesados en participar na campaña será o 30 de novembro de 2020. Rematado este prazo publicarase a relación de comercios adheridos e abrirase un prazo de 2 días para corrixir posíbeis erros. A relación definitiva dos comercios participantes publicarase o 3 de decembro de 2020. Con posterioridade a esta data non se admitirá ningunha nova inscrición.
Presentación da Campaña “Nadal no Comercio Local”
Hoxe presentouse a campaña de Nadal de promoción do comercio local de Xinzo. Este ano dende o Concello queremos incentivar as compras nos nosos comercios con sorteos semanais de importantes premios.
A campaña organízase conxuntamente coa Asociación ProLimia e repartirá case dez mil euros en premios en tres semanas. Tamén se realizará publicidade nos medios de comunicación para darlle difusión.