Nadal no Comercio Local
Mercar no teu pobo ten premio!!
Co obxectivo de premiar e incentivar as compras de Nadal de todos os veciños e veciñas da comarca da Limia no noso concello e na nosa vila, o Concello de Xinzo, coa colaboración da Asociación “Prolimia”, deciden organizar unha campaña promocional e un sorteo de premios.
A campaña durará tres semanas ao longo do mes de decembro:
- Semana AZUL: 7 -13 de decembro
- Semana VERDE: 14-20 de decembro
- Semana AMARELA: 21-27 de decembro
Cada semana sortearanse un total de 3.300€ en premios, distribuídos do seguinte xeito:
- UN (1) PREMIO por importe de 1.000€
- CATRO (4) PREMIOS por importe de 500€
- UN (1) PREMIO por importe de 300€
Estes premios materializaranse en forma de VALES DE COMPRA para ser gastados nos establecementos adheridos á campaña.
E lembra algo moi importante…
O noso comercio falo ti, merca en Xinzo!!
Premios Semana AZUL
Números premiados no primeiro sorteo celebrado o 14 de decembro. Estes números foron distribuidos nos seguintes establecementos: 4Eco A Limia, Miss-Tic, Salón de Peluquería Xoven, Acacio, Bar Cuañeira e Panadería Cañón. Parabéns a todas/os premiadas/os!!
Premios Semana VERDE
Números premiados no segundo sorteo celebrado o 21 de decembro. Estes números foron distribuidos nos seguintes establecementos: Muñeca de Trapo, Conchi Martínez Peluquería, Yeyadas, Librería Naville, Óptica Penín e Tenda Agasallos. Parabéns a todas/os premiadas/os!!
Premios Semana AMARELA
Números premiados no terceiro sorteo celebrado o 28 de decembro. Estes números foron distribuidos nos seguintes establecementos: Estética Montse Lama, Todo a 100, Peluquería Antoxo’s, Dream Home, Rosa Bixutería Artesanía e Representaciones Fernández. Parabéns a todas/os premiadas/os!!
Listado de comercios adheridos á campaña
Este é o listado definitivo de comercios adheridos á campaña. Ao longo de tres semanas repartiran as rifas entre os seus clientes e os agraciados cos premios poderán canxear os seus vales en calquera deles. Sorte para todas e todos!!
4eco A Limia Academia de Baile Danzón Academia de Corte e Confección Flora Agrícola Limiana Alimentación Cerredelo Antollos Complementos ANXA Avantaxe Bacalaos Susi Bar 5 Rutas Bar Cuañeira (Piñeira Seca) Bar Pizzería Río Salas BarxeSport Bonicas Estética Café Espolón Café-Bar Bando’s Café-Bar Dorado’s Cafetería Trisquel Calzados Campero Calzados César Cálzate Zapatos e Complementos Carlin Xinzo Carnicería Juan Carlos Carola Moda CEMEX Centro Óptico Losada Centro Sport CEOX Clínica dental Charol Calzados Clínica de Fisioterapia Ana Meno COLUGA Confecciones Trini Coqueta Maquillaxe e Cosmética Devesa Moda Dream Home El Rincón de María Electricidad Gamallo Electrónica NITO ELYTE Embutidos Brincas Espazo Lector Nóbel Xinzo Estética Montse Lama Ferretería Gregorio Fisio Paz Floristería Florema Floristería Orchidea Francisco Sobrado Villarino e Hijos Frutas y Verduras Sandra Frutería Fátima Gasóleos Losada GLS Xinzo – Logística Limia Hotel 2 de Maio 2 Instituto de Beleza “Saxa” ITACA Joyería Gilmo KEKOS La Central Heladera Las 3 BBB Las Marías Concept Store |
Latexo Gastrobar Lavandería Autoservicio Auga e Xabón Lavandería Autoservicio Xinzo de Limia Librería Follas Novas Librería Galaica Librería Naville Librería Saraiba Limpezas e Mantementos Iago Lorena Lozano Estética Luxury Estilistas Manila Sport Wear Mary Salgado Peluqueros Mercería Amelia Mercería Ancebe Mercería Carmiña MISS-TIC Moda Galega Muñeca de Trapo Naturhouse Xinzo NET Pizza Noitebela Descanso e Decoración Novo Gaiteiro Óptica Lethes Óptica Penín Panadería Cañón Peluquería – Estética Leo Peluquería Antoxo’s Peluquería Asun Peluquería Berta Peluquería Canina Cuquiños Peluquería Conchi Martínez Peluquería Sandra Petrolimia Pikaros Kid’s Pizzería Milanesa Quellemoto Regalos Gilmo Representaciones Fernández Rosa Bixutería Artesanía Salón de Belleza Nines Salón de Peluquería “Xoven” Santiveri SU_GAR Telas Isa Tenda Agasallos Tenda calzado dos Nenos Textiles Juncar Tienda Anel Tienda OU Todo 100 Top Queens Nottingham Toy Planet La Tienda de Susi VG Tapizados VIMA Xardín da Limia YEYADAS Z&H Kids Zapatería Chanquiña Zapatería Ciempiés |
O noso comercio falo ti, merca en Xinzo!!
A quen está dirixida a campaña?
A campaña está aberta a todos os comercios, bares, cafeterías e locais de negocio que desenvolven a súa actividade no Concello de Xinzo de Limia e a todos os clientes que fagan compras de produtos ou servizos nos mesmos.
Son comerciante, que teño que facer para participar?
- Presencialmente no Rexistro do Concello (con cita previa 988 550 111)
- Telematicamente na sede electrónica: xinzodelimia.sedelectronica.gal
- Por correo electrónico ao enderezo: nadal2020@xinzo.gal
- Na sede da Asociación “Prolimia”
O prazo límite de recepción das solicitudes de participación dos comerciantes para participar na campaña será o 30 de novembro de 2020. Rematado este prazo publicarase a relación de comercios adheridos e abrirase un prazo de 2 días para corrixir posíbeis erros. A relación definitiva dos comercios participantes publicarase o 3 de decembro de 2020. Con posterioridade a esta data non se admitirá ningunha nova inscrición.
Como se van repartir as rifas?
Os/as comerciantes adheridos á campaña recibirán un número fixo e idéntico de talonarios de rifas para distribuír entre os clientes que realicen compras nos seus establecementos, segundo o criterio que consideren máis convinte en función da súa actividade.
Haberá tres series de rifas de diferentes cores (azul, verde e amarela) para cada unha das semanas da campaña.
En que consisten os premios?
Cada semana haberá un premio de 1.000€, catro de 500€ e un de 300€, que serán sorteados publicamente os luns.
Os importes de cada premio entregaranse aos gañadores en forma de VALES DE COMPRA para ser gastados nos establecementos adheridos á campaña.
Cando van ser os sorteos?
Se me toca un dos premios que fago?
Como e onde podo gastar o importe do meu premio?
Podo gastar os vales de compra cando queira?
Son comerciante, como me vai pagar o Concello os vales gastados no meu establecemento?
Deberás emitir unha factura polo importe da compra e presentala (xunto co/s correspondente/s vale/s) para ser abonada polo Concello. Admitiranse facturas individuais, por un só vale, ou conxuntas, polo importe total dos vales consumidos no mesmo establecemento, de ser o caso.
As facturas serán emitidas a nome do Concello de Xinzo, cos seguintes datos:
Concello de Xinzo de Limia
R/ Curros Enríquez, 15 – 32630 Xinzo de Limia
CIF: P3203300C
Na factura incluirase o número de conta (IBAN) para realizar o abono da mesma. As facturas poderán presentarse por calquera dos seguintes medios:
- Presencialmente no Rexistro do Concello (con cita previa 988 550 111)
- Telematicamente na sede electrónica: xinzodelimia.sedelectronica.gal