Presentada a programación de Nadal

Presentación Campaña Nadal 2020

O Nadal será distinto este ano en Xinzo, pero non so pola pandemia e as limitacións ás que obriga, senón tamén pola ambientación e decoración das rúas e espazos públicos da vila, que lucirán como nunca, así como pola campaña para incentivar as compras locais. 

O Concello de Xinzo afronta este próximo Nadal con dous obxectivos: por un lado, o principal, preservar a saúde todos os veciños e veciñas despois dunhas semanas difíciles de restricións máximas; por outro, mitigar o negativo impacto económico da crise sanitaria nos negocios do municipio.

Para elo deseñou unha serie de accións que foron presentadas hoxe pola alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, e os concelleiros das diferentes áreas implicadas: Ramiro Rodríguez, Manuel Pérez, Rafa Penaba e Ramón Gómez. Á presentación tamén asistiron representantes de Prolimia, a asociación de comerciantes, e da recentemente creada Asociación de Hostaleiros, que amosaron así o seu apoio as iniciativas municipais.

Hoxe mesmo se producirá o acendido da alumeado, que constará de máis elementos que nunca, arredor de 120, entre arcos, cortinas de micro-lámpadas e árbores, repartidos por a vila, así como por todos os pobos do rural. Pero a maior novidade deste ano chega da man da decoración estática a pé de rúa, repartida tamén por toda a vila e froito da colaboración entre as concellerías que dirixen Rafa Penabad e Ramón Gómez. En total serán 56 casas navideñas, 8 bonecos de neve, 6 trineos, 24 renos, 2 locomotoras, 26 bolas de Nadal, 6 construcións murais sobre madeira e un cento de caramelos de Nadal. Preto de 230 elementos que unidos aos da iluminación tinguirán Xinzo dun ambiente navideño como nunca tivo, cun único obxectivo: dinamizar un Nadal atípico para que a economía do pobo se resinta o menos posible e mesmo o comercio e a hostalería recuperen parte do quebranto producido polos peches e limitacións dos últimos meses. 

Por iso que, dentro desta estratexia de dinamización, uno dos pratos fortes da programación de Nadal impulsada polo Concello é a campaña que pretende estimular as compras en Xinzo, á que se adheriron 120 establecementos, entre comercios e hostalería. “Os comercios e negocios de Xinzo necesitan hoxe, máis que nunca, que as nosas compras as fagamos no pobo, porque teñen de todo, e si algo non teñen seguro que podemos esperar para que o pidan”, explicou Elvira Lama na presentación da programación de Nadal ante os representantes da hostalería e o comercio local.

Lama Fernández fixo un chamamento a mercar en Xinzo: “Amazon ou incluso Inditex e outros xigantes nin crean riqueza no Concello, nin dan traballo aquí, nin pagan impostos en Xinzo. Nesta crise podemos e debemos axudar aos nosos comercios, a nosa hostaleira, que leva un mes pechada, e as empresas de aquí que abren as súas portas cada día con gran esforzo”.

Esta campaña comeza o luns da próxima semana.  E a partir de entón, entre os clientes dos establecementos adheridos sortearanse cada semana 3.300 euros, o que segundo Manuel Pérez, concelleiro de Promoción Económica, son os premios de maior contía da historia da vila nunha campaña deste tipo. Os gañadores deberán reinvestir os premios nos locais que se sumaron á campaña.

Pola situación sanitaria, e sobre todo pola necesidade de preservar a saúde dos veciños e veciñas, o concello decidiu suspender todas as actividades habituais do Nadal en Xinzo, como a cabalgata ou os concertos, que serán substituídos, segundo explicou o concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez, por unha alternativa virtual que consistirá en facilitarlle a todos os nenos e nenas da vila un contacto directo por vídeo-chamada coa personaxe que elixan: Apalpador, Papa Noel ou Reis Magos.  O único requisito é dispor dun teléfono móbil con whatsapp (que incluso llo facilitará o Concello a quen non o teña) e inscribirse antes do 17 de decembro para recibir a chamada do Apalpador ou Papa Noel e antes do 29 de decembro para que sexan os Reis Magos quen chamen.

Publicado o listado provisional de comercios adheridos á Campaña de sorteos de Nadal

Rematado o prazo, publícase o listado PROVISIONAL de comercios, empresas e negocios adheridos á Campaña de Nadal. Segundo as bases agora ábrese un prazo de 2 días (ata o 3 de decembro) para corrixir posibeis erros. A partir de aí todos os comercios participantes recibirán a cartelería da campaña e as rifas para repartir semanalmente entre os seus clientes.

Actualización das 18:00h: Algúns dos correos con solicitudes entraron por spam e perdéranse no listado inicial. Agora xa están incorporados todos. Desculpas polas molestias.

Pódese consultar o listado aquí.

Aberto o prazo de inscrición na Campaña de Nadal

Xa está aberto o prazo de inscrición para todos os comercios, bares, cafeterías e locais de negocio que desenvolven a súa actividade no Concello de Xinzo de Limia para participar na campaña de Nadal. A inscrición previa é obrigatoria, así como a aceptación de todos os compromisos relacionados co desenvolvemento da mesma.

Para anotarse hai que rechear o impreso modelo recollido no Anexo I das Bases, que poderá ser entregado ou enviado por calquera dos seguintes medios:

O prazo límite de recepción das solicitudes de participación dos comerciantes interesados en participar na campaña será o 30 de novembro de 2020. Rematado este prazo publicarase a relación de comercios adheridos e abrirase un prazo de 2 días para corrixir posíbeis erros. A relación definitiva dos comercios participantes publicarase o 3 de decembro de 2020. Con posterioridade a esta data non se admitirá ningunha nova inscrición.

Presentación da Campaña “Nadal no Comercio Local”

Hoxe presentouse a campaña de Nadal de promoción do comercio local de Xinzo. Este ano dende o Concello queremos incentivar as compras nos nosos comercios con sorteos semanais de importantes premios.

A campaña organízase conxuntamente coa Asociación ProLimia e repartirá case dez mil euros en premios en tres semanas. Tamén se realizará publicidade nos medios de comunicación para darlle difusión.