Aberto o prazo de inscrición na Campaña de Nadal

Xa está aberto o prazo de inscrición para todos os comercios, bares, cafeterías e locais de negocio que desenvolven a súa actividade no Concello de Xinzo de Limia para participar na campaña de Nadal. A inscrición previa é obrigatoria, así como a aceptación de todos os compromisos relacionados co desenvolvemento da mesma.

Para anotarse hai que rechear o impreso modelo recollido no Anexo I das Bases, que poderá ser entregado ou enviado por calquera dos seguintes medios:

O prazo límite de recepción das solicitudes de participación dos comerciantes interesados en participar na campaña será o 30 de novembro de 2020. Rematado este prazo publicarase a relación de comercios adheridos e abrirase un prazo de 2 días para corrixir posíbeis erros. A relación definitiva dos comercios participantes publicarase o 3 de decembro de 2020. Con posterioridade a esta data non se admitirá ningunha nova inscrición.

Presentación da Campaña “Nadal no Comercio Local”

Hoxe presentouse a campaña de Nadal de promoción do comercio local de Xinzo. Este ano dende o Concello queremos incentivar as compras nos nosos comercios con sorteos semanais de importantes premios.

A campaña organízase conxuntamente coa Asociación ProLimia e repartirá case dez mil euros en premios en tres semanas. Tamén se realizará publicidade nos medios de comunicación para darlle difusión.