Nadal 2020

Convidamos a todas as veciñas e veciños a participar dun Nadal diferente, especial, adaptado á realidade que estamos a vivir dende hai meses. A pandemia fixo que todas e todos apreciaramos moito máis os pequenos detalles e por iso este nadal queremos que Xinzo estea cheo diso, de pequenos detalles: cos nosos comerciantes, cos veciños e veciñas e, sobre todo, cos nenos e nenas, os verdadeiros protagonistas destas datas de maxia e ilusión.

Desexamos que pasedes moi boas festas en compañía das vosas familias, sempre respectando as limitacións de seguridade impostas, e lembraremos con especial agarimo a todos os que xa non poderán compartir con nós estas datas.

Nesta páxina poderanse consultar todas as actividades programadas para este ano polo Concello de Xinzo e irase actualizando para informar do desenvolvemento das mesmas e de calquera outra novidade.

Cantigas de Reis

Cantámosche os reises
do quiquiriquí;
se non nos dás nada
non marchamos de eiquí.

Cantámosche os reises,
guedellos de cabra,
cantámosche os reises
e non nos dás nada.

Hoxe é o día dos Reises,
primeira festa do ano,
tódolos coxos e mancos
ó rei pídenlle o aguinaldo.

Non piden ouro nin prata,
nin tampouco seu reinado.
Piden cinco mil homes
para ir ó campo formados.

Cinco mil habían pedido,
catro mil habían marchado.
Polos campos onde pasan
tódoio deixan arrasado.

Díanos o aguinaldo
anque seña pouco,
un touciño enteiro
e a mitá doutro.

Dicen que canto mal,
para min canto bastante;
o que non queira ouír
que siga para diante.

Se queres que che cante
primeiro paga,
non está a miña gorxa
tan desocupada.

Polo de hoxe non canto máis
que se me acabou a gracia;
esta pouquiña que teño
lévoia para miña casa.

O CIX da Limia e o CDR O Viso convídannos a cantar os Reis os días 4 e 5 de xaneiro na Praza de Carlos Casares.

Para anotarse hai que chamar ao 988461571, traer un instrumento ou axóuxere e os/as maiores de 6 anos non esquezades a máscara!!

Klaus

Auto-cinema de Nadal organizado por ProLimia para empezar o ano novo. 1 de xaneiro, ás 19:00h na explanada a carón dos institutos.

Klaus é un filme de animación, escrito e dirixido por Sergio Pablos no seu debut como director. O argumento está centrado nunha visión alternativa da lenda de Papá Noel a través das experiencias de Jesper, un carteiro destinado en contra da súa vontade a unha illa do círculo polar, quen se fai amigo dun misterioso carpinteiro chamado Klaus.

Jesper é carteiro. Como era o pior estudante da academia postal, destínano a un xélido lugar máis aló do Círculo Polar Ártico. Os seus habitantes nunca envían cartas, de modo que Jesper está a punto de rendirse, ata que atopa a Klaus. Un fabricante de brinquedos que vive illado nunha cabana chea de xoguetes feitos a man. Ámbolos dous faranse amigos mentres deciden traer de volta a ledicia ao lugar, porque un verdadeiro acto de xenerosidade sempre xenera outro.

Foi estreada en cinemas o 8 de novembro de 2019.

Klaus gañou sete premios Annie, entre eles o de mellor película animada, e estivo nominada ao Óscar á mellor película de animación de 2019.

Nadal Virtual

Para que os nenos e nenas vexan aos Reis Magos, Papá Noel e ao Apalpador, este ano será máis fácil que nunca, só terás que seguir estes sinxelos pasos.

Entrando na web www.nadal2020.es atoparás un apartado para o «Rexistro». Primeiro deberás escoller o concello de Xinzo e, a partir de aí, seguir os pasos necesarios para inscribir ao neno ou nena. Lembra que debes dispoñer dun teléfono móbil con WhatsApp* e non te esquezas de comentar algo que consideres importante para que Papá Noel, o Apalpador ou os Reis Magos o teñan en conta ao falar co teu pequeno ou pequena.

En Xinzo poderás escoller quen queres que te chame: Papá Noel, o Apalpador ou os Reis Magos. Se queres, poderás rexistrarte en dúas datas distintas, unha para Papá Noel / Apalpador e outra para os Reis.

Despois do rexistro persoal e de marcar a data e a hora lembra que terás que ter dispoñible o teléfono móbil que rexistraches o día e á hora marcada. Se por calquera motivo non fose posible contactar contigo nese momento , tentarano de novo ao finalizar a xornada. É posible que os Reis, o Apalpador ou Papá Noel sufran algún leve atraso, non te preocupes, iso é porque sodes moitos e encántalles falar.

Se precisas información adicional podes chamar ao teléfono 641 585 245 e resolveremos as túas dúbidas.

Moi importante!! para anotarte para Papá Noel ou o Apalpador debes completar a inscrición antes do 17 de decembro, e para os Reis Magos antes do 29 de decembro. Bule!! Que non cho conten!!

* Se non tés dispoñible un teléfono con WhatsApp non te preocupes, temos unha alternativa para que o teu neno ou nena poida falar tamén con calquera das personaxes máxicas do Nadal. Ponte en contacto con nós dende a sección de «Contacto» e chamarémoste canto antes, ou chámanos ti directamente ao teléfono de información 641 585 245.

Se o neno ou nena ten algún tipo de discapacidade auditiva tamén pode participar!! A plataforma Nadal 2020 conta con persoal cualificado e está adaptada e coa posibilidade de que todas as nenas e nenos poidan comunicarse cos seus heroes do Nadal.

O Baúl da Tía Tola “Lixo”

Lixo” está creado a partir de material plástico reciclado como bolsas de lixo, cubertas e esqueletos de tendas de campaña… co que facer escenografías para o xogo a partir de obxectos que poderían ser simples desperdicios.

.

Mergullarémonos nun mundo de plásticos, luces, sonoridade e movemento.

.

As dúas protagonistas, unhas bailadeiras moi peculiares, vivirán unha aventura na que teñen que “crear cultura a partir da varredura”. 

.​

Comunícanse con pareados, móvense con pasos de ballet inventados por elas mesmas e axúdanse das luces para crear diferentes atmosferas ó longo do espectáculo, dando así ritmo e rima á obra.

O sábado, 26 de decembro, ás 17:30h, no Auditorio da Casa da Cultura, poderemos asistir á representación desta obra a cargo do Baúl da Tía Tola, dirixida por Alfredo Rodríguez e interpretada por Soraya Paradela e Anna Cañadillas.

Aforo limitado e inscrición previa obrigatoria enviando os datos personais (nome e apelidos) ao email: cultura@xinzo.gal ou ao WhatsApp: 604078053.

Mercar no teu pobo ten premio!!

Este ano máis que nunca, logo de meses de peche e restricións, o noso comercio, o comercio local de Xinzo, precisa axuda.

Dende o Concello, en colaboración coa Asociación Prolimia, deseñamos unha campaña de sorteos con importantes premios para animar a todos os veciños e veciñas da comarca a que realicen as súas compras na nosa vila.

A campaña articularase en tres semanas ao longo do mes de decembro. Ao final de cada semana realizarase o sorteo correspondente á mesma:

  • SEMANA AZUL: do 7 ao 13 decembro
  • SEMANA VERDE: do 14 ao 20 decembro
  • SEMANA AMARELA: do 21 ao 27 de decembro

Cada semana sortearanse 3.300€ en premios, distribuídos do seguinte xeito:

  • UN (1) PREMIO por importe de 1.000€
  • CATRO (4) PREMIOS por importe de 500€
  • UN (1) PREMIO por importe de 300€

Estes premios materializaranse en forma de VALES DE COMPRA para ser gastados nos establecementos adheridos.

Esta campaña está aberta a todos os comercios, bares, cafeterías e locais de negocio que desenvolven a súa actividade no Concello de Xinzo de Limia e para poder participar deberán inscribirse previamente e aceptar todos os compromisos relacionados coa organización e desenvolvemento da mesma.

Para saber máis desta campaña visita esta páxina.

Nadal infantil

A Agrupación Musical da Limia, xunto con ProLimia e coa colaboración do Concello, organiza un Nadal infantil para animar as rúas da vila nas tardes do mes de decembro, empezando na Praza Maior a partir das 16:30h.

Cada día visitaranos unha das personaxes favoritas dos nenos e nenas:

  • Sábado, 12: Mickey Mouse
  • Sábado, 19: Gooffy
  • Mércores, 23: Pai Noel
  • Xoves, 24 (pola mañá): O noso Apalpador
  • Mércores, 30: Minnie Mouse

Lembrade vir con máscara, gardar as distancias de seguridade e respectar todas as indicacións da organización para que Covid19 non teña oportunidade de facer das súas. 😉

Exposición conmemorativa do centenario da Revista NÓS 1920/2020

Da man do xornal La Región chega, do 1 ao 13 de decembro á Praza Maior de Xinzo, a exposición conmemorativa do centenario da Revista Nós, que naceu en Ourense en 1920.

Trátase dunha exposición itinerante que estivo a percorrer este ano diversos concellos da provincia e que agora chega á nosa vila.

A inauguración será o martes, ás 12:00h, no Salón de Plenos da Casa do Concello e asistirá a comisaria da exposición, a escritora e periodista ourensá Maribel Outeiriño.

Exposición "Sorrisos polo mundo. O humor en Carlos Casares"

Do 1 ao 19 de decembro na Casa da Cultura poderá visitarse esta exposición monográfica da Fundación Carlos Casares sobre unha das facetas menos espalladas e coñecidas do coñecido escritor de adopción limiá.

Mediante unha serie de rollups poderase facer un percorrido para seguir afondando na vida e na personalidade de Carlos Casares.

Poderá visitarse no horario de apertura normal da Casa da Cultura, de 9:00 a 21:00h.

Concerto de Nadal da ESMULI

O 24 de decembro, ás 23:30h, os alumnos e alumnas da Escola de Música ofrecerán un concerto en streaming ao que poderemos acceder a través das súas redes sociais.

Concerto de Aninovo

Novamente o 1 de xaneiro, ás 00:45h, poderemos escoitar ás alumnas e alumnos da ESMULI, acompañados para a ocasión pola Coral Santa Mariña, nun concerto online para arrancar o ano 2021.

Xogoteca de Nadal

Do 28 ao 30 de decembro a ESMULI organiza para os nenos e nenas, en grupos reducidos, unha xogoteca orientada ao contacto inicial co mundo da música.

Axenda diaria...

Lista de gañadores do 3º sorteo (derradeiro da campaña)

Xa temos a relación de persoas premiadas no terceiro sorteo da Campaña de Nadal do comercio local de Xinzo, correspondente á terceira semana da campaña (AMARELA).

Adiantaremos a entrega dos premios ao mércores, 30 de decembro, para darlle ás premiadas máis tempo para poder gastar os vales correspondentes en calquera dos comercios adheridos antes da data límite do 5 de xaneiro.

Parabéns a todas!!

1º PREMIO1.000€9044MILAGROS MORALES SANTANA
(Representaciones Fernández)
2º PREMIO500€9163Mª CARMEN RODRÍGUEZ GARCÍA
(Rosa Bixutería Artesanía)

500€4022SINDA CAMPOS CARRERA
(Dream Home)

500€10130Mª NÉLIDA BOSO DOMÍNGUEZ
(Peluquería Antoxo’s)

500€8077MARÍA EUGENIA PAZ PORTELA
(Todo a 100)
3º PREMIO300€4682ALBA CAMPOS SOTELO
(Estética Montse Lama)

Sorteo Semana Amarela

Hoxe, ás 14:00h, celebrouse o terceiro e derradeiro sorteo da Campaña. O día límite para reclamar os premios é o venres. Tamén se fixo a entrega dos premios aos gañadores e gañadoras da semana pasada. Parabéns aos/ás afortunados/as!!

Lista de gañadores do 2º sorteo

Xa temos a relación de persoas premiadas no segundo sorteo da Campaña de Nadal do comercio local de Xinzo, correspondente á segunda semana da campaña (VERDE).

O vindeiro luns, 28 de decembro, farémoslle entrega dos vales correspondentes aos seus premios, que poderán gastar ata o 5 de xaneiro en calquera dos comercios adheridos.

Parabéns a todas e todos!! 

1º PREMIO1.000€6372MARÍA ASUNCIÓN TEJADA ALONSO
(Tenda Agasallos)
2º PREMIO500€8168MANUEL ÁNGEL ÁLVAREZ DOVAL
(Óptica Penín)
500€2533BENJAMÍN GONZÁLEZ RODRÍGUEZ
(Librería Naville)
500€7885MARÍA GONZÁLEZ SUÁREZ
(YEYADAS)
500€197MARÍA JOSEFA LOSADA GIL
(Conchi Martínez Peluquería)
3º PREMIO300€6190ESTER PÉREZ ACEBO
(Muñeca de Trapo)

Sorteo Semana VERDE

Hoxe, ás 14:00h, celebrouse o segundo sorteo da Campaña. O día límite para reclamar os premios é o venres. Tamén se fixo a entrega dos premios aos gañadores e gañadoras da semana pasada. Parabéns aos/ás afortunados/as!!

Estes son os afortunados e afortunadas no 1º sorteo

Xa coñecemos os nomes das persoas premiadas no primeiro sorteo da Campaña de Nadal do comercio local de Xinzo, correspondente á primeira semana da campaña (AZUL).

O vindeiro luns, 21 de decembro, farémoslle entrega dos vales correspondentes aos seus premios, que poderán gastar ata o 5 de xaneiro en calquera dos comercios adheridos.

Parabéns a todas e todos!! 🙂

1º PREMIO1.000€3942MANUELA CUQUEJO PENÍN
(Panadería Cañón)
2º PREMIO500€7172DANIEL CASTILLO BERMÚDEZ
(MISS-TIC)
 500€2278JOSÉ BARRIO ESTÉVEZ
(Salón Peluquería Xoven)
 500€3799ENRIQUE CID
(ACACIO)
 500€794ÓSCAR CUQUEJO MARTÍNEZ
(Bar Cuañeira – Piñeira Seca)
3º PREMIO300€9919CARMEN QUINTAS PENÍN
(4eco A Limia)

Sorteo Semana AZUL

Hoxe, ás 10:30h, celebrouse o primeiro sorteo da Campaña. Estes son os números gañadores. O día límite para reclamar os premios é o venres. Parabéns aos/ás afortunados/as!!